xoves, 14 de abril de 2011

Para ampliar

Se queres ampliar os teus coñecementos sobre o Universo e o Sistema Solar fai clic no pé das seguintes imaxes.


O Universo

Sistema Solar

martes, 12 de abril de 2011

Os movementos da Terra e a Lúa. Para repasar.

Esta animación pode servirche para repasar os movementos da Terra e da Lúa.


Fases da Lúa

A Lúa no seu xiro ao redor da Terra presenta diferentes aspectos visuais segundo sexa a súa posición con respecto ao Sol.








Na seguinte ligazón tes unha animación que te axudará a entender as Fases da Lúa.

Movemento de rotación: Día e noite.

Cada 24 horas (cada 23 h 56 minutos), a Terra da unha volta completa ao redor dun eixe ideal que pasa polos polos. Xira en dirección Oeste-Este, no sentido contrario as agullas do reloxo, producindo a impresión de que é o ceo o que xira ao redor do noso planeta. A este movemento, denominado rotación, débese a sucesión de días e noites. (Fai clic na imaxe)




domingo, 10 de abril de 2011

Movemento de traslación da Terra. Estacións.

As estacións na Terra débense a inclinación do eixe de rotación da Terra respecto da súa traxectoria ao redor do Sol. Observa o seguinte vídeo.



E outro vídeo máis nesta ligazón : As estacións da Terrahttp://www.youtube.com/watch?v=o67ocCnKL4o&feature=player_embedded

xoves, 7 de abril de 2011

Misión espacial a Plutón

No 2006 a NASA enviou unha sonda espacial a Plutón. (Fai clic na imaxe)

Eclipse Solar

Os eclipses solares prodúcense cando a Lúa oculta ao Sol, desde a perspectiva da Terra. (Fai clic na imaxe)


mércores, 6 de abril de 2011

Estrelas fugaces

A chuvia de estrelas son asteroides que arden ao entrar na atmosfera terrestre. (Fai clic na imaxe)

 

O noso sistema solar

Así é o Sistema Solar dende 2006, neste ano Plutón  deixou de considerarse un planeta do sistema solar e entrou no grupo de planetas ananos xunto con Ceres e Eris. (Fai clic na imaxe)